O acceso con certificado, constitúe a forma máis segura de acceder a calquera sistema.
É necesario dispoñer dun certificado dixital expedido pola FNMT , DNI electrónico (DNIe) ou Camerfirma, para acceder ó sistema.
O acceso con certificado dixital ou con DNI electrónico, garante un nivel de seguridade máximo no acceso á nosa información. Para obter algún destes documentos deberá:
Para acceder por internet, será requisito indispensable, dispoñer de un certificado dixital expedido por la FNMT o de un DNI electrónico. Se o certificado dixital no o temos instalado no navegador, será necesario utilizar una lectora de tarxetas.
O uso dunha lectora de tarxetas, será imprescindible se accedemos con DNI electrónico ou co Tarxeta Sanitario do Sergas.
Si accedemos cun certificado da FNMT ou Camerfirma instalado no navegador, non necesitaremos da lectora de tarxetas senon que o acceso será directo.
Si non temos DNI electrónico nin Tarxeta Sanitaria con chip, únicamente poderemos acceder se temos un certificado dixital expedido pola FNMT ou Camerfirma instalado no noso navegador. Para comprobar a instalación, temos que consultar as opcións do navegador.
Accederemos a través da opción ferramentas e a continuación opcións de internet.
Se pulsando en Certificados... non vemos o noso certificado dixital no poderemos acceder a aplicación.
No caso de verificar que no temos un certificado instalado no navegador e se nos proporciona un no PAE (Punto Acreditación Electrónica), poderemos instalalo da seguinte maneira.
Para o acceso con Usuario/Contrasinal é indispensable que teña unha conta de usuario personalizada e é necesario dispoñer dun certificado dixital para acceder ó sistema.
Recordámoslle que o uso indebido do usuario e clave personalizados é responsabilidade do titular dos mesmos.
.
O acceso sen certificado constitúe unha forma sinxela de acceder a calquera sistema, aínda que as funcionalidades que estarán dispoñibles poden estar limitadas. É posible que accedendo ó sistema desta maneira, no futuro non poidamos realizar o proceso completo de tramitación electrónica, aínda que si que teremos certos servizos básicos.
Aínda que a seguridade sempre está garantida, a recomendación é utilizar sempre un certificado dixital ou un DNI electrónico para o acceso á nosa información desde Internet. Consulte a axuda de acceso con certificado, para saber cómo obter un certificado e cómo utilizalo.
É necesario dispoñer dun usuario e dunha chave para acceder sen certificado ó sistema.
No caso de dispor dun usuario e chave, teremos que acceder a FIDES dende a opción de “Acceso sen certificado”.
Dependendo do noso perfil, poderemos acceder a certa información. Deste xeito identificamos os seguintes tipos de usuarios:
FIDES dispón de moitas funcionalidades ás que poderemos acceder dependendo da maneira de acceso ó sistema. Todas as funcionalidades, se mostrarán na parte superior da pantalla, en forma de menú.
Cabe destacar que non está dispoñible a opción de acceso con seguridade básica (usuario e chave) para as/os profesionais que actualmente dispoñan dun vínculo contractual aberto co Servizo Galego de Saúde.
Tamén se complementan as opcións anteriores, con elementos informativos que nos achegan máis ó sistema ou ó noso centro de traballo:
Na seguinte táboa, móstranse as opcións que se terán dispoñibles en función do tipo de acceso e do perfil que teñamos.
Únicamente estarán dispoñibles con este tipo de acceso, a xestión do Expediente Electrónico e os futuros formularios de participación en procesos. Non se poderá acceder á información máis persoal ou a posibles futuros rexistros telemáticos ou pagamento de taxas, mediante este tipo de acceso.